lunes 09.12.2019
XINZO EN MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Todos dicían que ese tema era mellor non tocalo"- Xavier Balaguer

Moito público na proxección da película e animado coloquio  posterior co director

Xavier Balaguer e Elvira Lama
Xavier Balaguer e Elvira Lama

O salón de actos da Casa da Cultura foi o lugar escollido para o primeiro dos actos que a Concellería de Igualdade e o CIM  teñen  programados para esta semana dentro da campaña denominada XINZO EN MARCHA contra a violencia Machista.

PROXECCIÓN E DEBATE SOBRE A VIOLENCIA MACHISTA

solo mia 4

Público asistente acomodándose para ver a proxección de "SOLO MIA"

A primeira parte consistiu na  visualización da película SOLO MIA protagonizada por Paz Vega e Sergi López e dirixida por Xavier Balaguer quen foi presentado pola alcaldesa antes de visualización, na presentación de todos os actos desta semana.

Para finalizar o programa da tarde do sábado volveron a subir ao escenario o director e Elvira Lama , a cal moderou un extenso debate sobre o tema da película. Primeira película rodada en España no ano 2001 cun guión escrito no ano 95.

solo mia 3Xavier comentou o difícil que lle resultou conseguir apoios nesa época, porque todos dicían que ese tema era mellor non tocalo. No que todos estiveron de acordo e que se podería haber rodado a semana pasada, porque por desgracia este problema de violencia segue a existir hoxe en día, e como manifestou o propio director, que segundo os cálculos das Nacións Unidas, non desaparecerá en 200 anos. Non obstante campañas de sensibilización, e sobre todo educación, poderán facer que este tempo se  reduza.