miércoles 28/7/21

Unanimidade no Concello ante a polilla guatemalteca

Moción conxunta dos catro partidos  aprobada por unanimidade

54
54

O pleno extraordinario do día 23 de febreiro tiña como único orde do día unha moción conxunta acordada en comisión polos catro partidos que conforman a corporación municipal de Xinzo e que apoiaron todos os concelleiros.

Os portavoces dos diferentes grupos tomaron a palabra para falar da importancia de estar todos xuntos e reclamar das administración a toma de medidas urxentes de cara a que a Praga que neste momento non existe na Limia, non chegue nunca.

Por último o alcalde tomou a palabra para agradecer aos demais grupos e os seus representantes o apio a esta moción.

Puxo de manifesto que nestes últimos anos, nin en Ourense, nin na Limia temos este problema. Non debemos ser alarmistas co tema

Primeiro tranquilizar a xente. Segundo, hoxe mesmo se vai a falar coa Conselleira e o  vindeiro luns co Presidente da Xunta , cos cales vamos ser moi belixerantes con este tema e vamos estar moi atentos, porque esta é realmente a nosa economía.

Comentarios