lunes 30.03.2020

Os usuarios do parque da Alameda de Xinzo piden unha remodelación da zona de xogo

Algunhas das instalacións non cumpren as medidas de seguridade precisas

Os usuarios do parque da Alameda de Xinzo piden unha remodelación da zona de xogo

    O parque da Alameda de Xinzo non se atopa no seu mellor momento e mesmo pode supor un perigo para os usuarios.

A zona de xogo de escalada ten as cordas rotas xusto por onde teñen que subir os nenos e nenas. 

alameda 1

As randeeiras xa están en proceso de arranxarse e ata o momento permanecen precintadas por seguridade. 

alameda 2

Os balancíns de madeira están en mal estado e mesmo rotos o que pode provocar feridas nos máis pequenos. 

alameda 3

Son instalacións de fai varios anos e por iso algúns veciños e veciñas solicítanlle ó Concello unha remodelación do parque. 

Outra das demandas é a mellora da fonte da Pantalla que está pasando a un segundo plano por mor das herbas que crecen nela.

alameda 5

Comentarios