lunes 10/8/20

A veciñanza de Xinzo aporta 4000 euros para a festa da cal se descoñece o programa

   A falta de que pase unha semana e uns días para que comecen as festas de Santa Mariña, aínda non se coñece cal vai ser o programa das mesmas. O que si se sabe é que a vila de Xinzo estará de celebración os días 16,17 e 18 de xullo con motivo das súas festas patronais. 

O Concello decidiu este ano abrir unha conta para aquelas persoas que quixeran aportar de maneira voluntaria  unha contía para organizar o evento. Polo momento levan recadados 4000 euros que se sumarán ós 10.000 que aportan as arcas municipais para a Santa Mariña, segundo recollen algúns medios de comunicación. Fontes municipais confirman que a conta permanecerá aberta uns días máis e que agardan xuntar máis cartos cando se faga público o programa das festas. 

A intención do Concello foi dende un principio, que unha comisión de veciños e veciñas fose a encargada de organizar o evento. Tras convocar unha reunión á que só acudiu unha persoa, a Concellaría de Cultura decidiu asumir este papel e garantir así a celebración das festas patronais.

Comentarios