lunes 21/9/20

A veciñanza de Xinzo quéixanse do mal estado do parque do Toural

Moitos dos bancos están rotos e a zona de xogo fáltanlle randeeiras

A veciñanza de Xinzo quéixanse do mal estado do parque do Toural

    O parque do Toural de Xinzo de Limia non se atopa no seu mellor estado. A zona de xogo para os máis pequenos está danada. As randeeiras están incopletas e moitos deles non cumpren coas medidas de seguridade. Un dos xogos de escalada ten as cordas soltas por onde terían que subir os nenos para xogar.toural 2 

No paseo que rodea o parque pódense ver bancos dos que tan só queda a estrutura metálica. Os usuarios do parque apuntan que polas noites a iluminación da zona é escasa e nalgúns puntos nula porque hai farois que non funcionan. toural 3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os usuarios deste parque sinalan que moitas das instalacións levan máis dun ano sen arranxar e piden solucións. Din que teñen denunciado os feitos ante o Concello pero que a súas peticións non foron atendidas. Lamentan que  o que é un dos parques máis grandes da vila estea nise estado. 

Comentarios