miércoles 27.05.2020

Os vehículos da policía e protección pasaron unha desinfección integral

Esta mañá en Xinzo, coa axuda da Axencia Galega de Emerxencias

Os vehículos da policía e protección pasaron unha desinfección integral

Hoxe desinfectáronse  os vehículos da Policía Local de Xinzo e os de Protección Civil, tanto de Xinzo como dos concellos limítrofes.

Para a realización desta tarefa, que se levou a cabo na Praza Carlos Casares, empregouse un equipo de desinfección cedido pola Axencia Galega de Emerxencias.

Este mesmo equipo trasladouse  logo ata o Cuartel da Garda Civil de Xinzo para proceder tamén alí á desinfección dos seus vehículos.

96855699_1164007907267581_3488886704310321152_o98101085_1164007843934254_646970212494606336_o