sábado 8/8/20

Os visitantes a feira queren que siga co mesmo asentamento

Os feirantes case todos contentos, con pequenos matices

 

Os visitantes a feira queren que siga co mesmo asentamento

Hoxe a feira de Xinzo xa estaba ao 100% dos postos de feirantes de antes da pandemia. As medidas de seguridade, entradas e postos funcionan ao 100% por parte de todo o mundo, aínda que faltaban algúns visitantes, que aínda teñen algún reparo en asistir.

IMG_20200714_111048

A MAIORÍA APLAUDEN A EMPRAZAMENTO

Os  visitantes son os primeiros que “aplauden” a nova localización posto que desta maneira un pode pasear e ver a feira con corredores máis anchos e sen tanto abafo a hora de comprar.

Aos feirantes estrañan os seus sitios, pero gústalles tamén esta nova localización, con certos cambios

IMG_20200714_115753Hoxe foi o primeiro día en que todos os feirantes acudiron aos seus novos postos, algúns por primeira vez e outros repetindo de as dúas anteriores.
Ahora puedes atender mejor a la gente y enseñar mejor los productos que tienes, se guarda la distancia de seguridad, pero tambien algunos, decía “Josito”, tenemos nostalgia de nuestros puestos, que ya son heredados, por ejemplo el mio desde hace 30 años de mi abuela.
Continúa dicindo “Josito” membro da comisión de feirantes que solicitarán en breve a alcaldesa que A RÚA Carmen Novoa (Imafec) o  que necesita é máis postos diferentes.
CAMBIO DE LUGAR DOS POSTOS DA EXPLANADA DA PRAZA DE ABASTOS
Manifestaba o membro da comisión que os xamoneiros que están na praza de abastos están descontentos porque agora alí non hai feira. Si eses veñen para esta rúa ademais de varios fruteiros esta rúa estaría dinamizada. Neste momento aquí solo hai lencería. Desa maneira con froita e comida sería un bo sitio para manter a feira, porque é unha rúa moi ancha onde se poden ter as furgonetas detrás, sen molestar aos negocios de Xinzo.