domingo 08.12.2019

Xa arde o lume sagrado no campamento do Esquecemento

As cerimonias previas aos días de festa e loita comezaron onte a noite

Xa arde o lume sagrado no campamento do Esquecemento

Como de costume no ano XVIII do Esquecemento  a media noite  quedou aceso o lume sagrado do campamento do Toural onde de momento conviven en paz e harmonía tanto os nativos Castrexos como os invasores lexións romanas. Ata que o domingo se produza o paso do río Lethes, para acabar nunha cruenta batalla, na que os habitantes Límicos deixarán paso as tropas do xeral Bruto, para cumprir así coa lenda.

Despois do prendemento do lume os castrexos trasladáronse ata praza Maior da vila , seguidos das lexións romanas para dende  un altar pedirlle cada un deles aos seus dioses, protección e forza para os vindeiros días.

O público asistente, que encheu a praza seguiu atentamente as proclamas duns e outros ata que rematou a festa que continuo unas casetas do parque ata altas horas da madrugada, e para algún ata ben rompido o día.

praza2Instantánea - 170Instantánea - 171Instantánea - 167