miércoles 28/7/21

Xa podes seguir a programación das festas 2021

Solo concertos e actuacións con medidas covid

00083

00083
83

As festas na honra de patroa de Xinzo, Santa Mariña, tamén deberán adaptarse a realidade imposta pola pandemia. O Concello de Xinzo, a través da Concellería de Cultura que dirixe Ramiro Rodríguez, elaborou un programa que fuxe dos eventos multitudinarios, se ben ofrecerá entretemento en grandes doses. Concertos, unha comedia musical, contacontos e un espectáculo de maxia inclúense na programación, na que é destacable tamén a homenaxe que se renderá ao músico limiao Antonio Estévez “O Venecia”. Será o día 17 na praza de San Roque e está previsto que as autoridades comecen a chegar a este punto minutos antes das oito da tarde. O acto contará ca lectura dunha semblanza biográfica do homenaxeado e a entrega dun recordatorio á familia.

homenajeAs festas de Santa Mariña comezarán o venres 16 co concerto do grupo do folk TOR na praza Carlos Casares. Será a partir das 23.00 horas e ofrecerase un repertorio de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega. No mesmo lugar e á mesa hora actuará o sábado 17 Terbutalina, un grupo de garage punk galego formado en 2010. No Toural haberá varias sesións de maxia co espectáculo do Mago Antón dentro da súa “Volta a Galicia en 313 concellos”. O magomobil é un vehículo de 13 metros de longo que permitirá ao público ver o espectáculo en condicións óptimas.
Para o domingo 18 espérase o concerto de O Sonoro Maxín, unha banda xurdida en Ourense na xuntanza de músicos dos grupos Lamatumbá e Cinnamon Gum. Tamén será na praza Carlos Casares a partir das 23.00 horas. Pola tarde, ás 20.30 horas, haberá unha actuación da Agrupación Musical da Limia na praza Xoan XXIII. Ás 19.00 horas, na praza de San Roque, ofrecerase un contacontos lúdico, da man de Pedro Brandariz, e confeccionado a partir de contos populares tradicionais que provocarán a risa do público e, de paso, axudará na transmisión do rico patrimonio oral galego.

Para o luns 19 espérase a “Ummm”, da man de Teatro Avento Producións, Será na praza de San Roque a partir das 19.00 horas. 

A programación cultural de verán non rematará coas festas de Santa Mariña e, xunto coa programación deportiva, serán preto dun centenar as alternativas de ocio que se ofrecerán en Xinzo de Limia a veciños e visitantes durante os meses de xullo, agosto e setembro.