A xente resistiu o frío da tarde/noite para gozar coas Xornadas do folclore

plaza folclore
A xente resistiu o frío da tarde/noite para gozar coas Xornadas do folclore

Rusia Chile e Taiwán foron os países que actuaron na praza Carlos Casares

Comezou a tarde subindo ao escenario os representantes dos grupos participantes e o representante da Agrupación Musical da Limia que acompañou no desfile aos grupos convidados, para que a alcaldesa Elvira Lama lles dise a benvida, así como facerlle entrega duns agasallos en nome do pobo de Xinzo.

Acompañou a alcaldesa no escenario o concelleiro de Cultura. Elvira Lama saudou e agradeceu a presenza dos grupos que logo ían actuar, así como a Deputación Provincial, organizadora dende fai 36 anos destas xornadas de folclore internacional. Non se esqueceu do persoal do concello que tamén colaborou na montaxe das xornadas, así como a asistencia de tanto público como se atopaba na praza, apesares da tarde pouco apetecible .

Entre o público encontrábanse tamén concelleiros do grupo de goberno e da oposición.

Apesares do frío, xa a última hora, a maioría do público asistente aguantou nas súas localidades agasallando tanto aos músicos como bailaríns con fortes aplausos, ata rematar a xornada.

IMG_20190811_220428IMG_20190811_220408IMG_20190811_220226IMG_20190811_220218IMG_20190811_215959

IMG_20190811_213849IMG_20190811_210718IMG_20190811_204614IMG_20190811_204213IMG_20190811_203210

IMG_20190811_203005IMG_20190811_202309plaza folclore