"Un xesto cargado de simbolismo, por primeira vez na história deste Concello"

IMG_20190628_085627
"Un xesto cargado de simbolismo, por primeira vez na história deste Concello"

Todos os grupos asinaron a Adhesión do Concello a declaración institucional do día Internacional do Orgullo LGTBIQ

Despois da firma no dia de onte da Adhesión do Concello a declaración institucional do día Internacional do Orgullo LGTBIQ a alcaldesa Elvira Lama ordenou colocar no balcón da Casa Consistorial a bandeira identificativa do movemento LGTBIQ e manifestando na súa conta de faceebook :

IMG_20190628_085627-2O 28 de xuño estableceuse internacionalmente como a ocasión para a demanda mundial de orgullo e dignidade de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais. É unha boa oportunidade para rexeitar a discriminación baseada no xénero, a identidade e a orientación sexual, así como a violencia física e simbólica e a opresión á que conduce. Un bo momento para denunciar tamén calquera outra situación de discriminación e falta de respecto pola dignidade e os dereitos humanos. É un día de solidariedade e demandas, expresado alto e claro.!!
Un xesto cargado de simbolismo, por primeira vez na história deste Concello é a humilde colaboración deste ano para con estas persoas por parte do novo Goberno de Xinzo!!
2019062715133954300