martes 02.06.2020

Xinzo aínda non está co horario de paseos liberado

Fontes da Policía Local din que aínda non hai lexislado ás 16:00 autorización para  o cambio

Xinzo aínda non está co horario de paseos liberado

De momento aínda están en vigor as normas da Fase 1, informan fontes da Policía Local de Xinzo a cal sigue comentando que o da liberación de horarios para paseos, deporte etc, que pertencen de momento a fase 2 para concellos de menos de 10.000 habitantes, aínda non entrou en vigor.

O que si xa entrou en vigor foi o da autorización da caza e pesca deportiva, a de que os establecementos de máis de 400 mt.cadrados poidan abrir, non superando esas medidas no seu acceso interior.

REBAIXAS SEN AGLOMERACIÓN

222222Tamén entrou en vigor segundo a mesma fonte a autorización para facer rebaixas no comercio, directamente nas tendas, iso si, mentres non haxa aglomeración de persoas. En tal caso, a autorización quedaría rebocada.
SEGUE O MESMO HORARIO EN CANTO AOS PASEOS
En contra do que había anunciado onte a Xunta e esta mesma mañá a páxina oficial do Concello de Xinzo, ata que haxa nova normativa, o horario para deporte e paseos no Concello de Xinzo, seguen as mesmas que ata agora pertencentes a Fase 1.