Xinzo aproba o seu Plan Económico Financeiro

IMG_9479
Xinzo aproba o seu Plan Económico Financeiro

A sesión plenaria celebrouse na Sala de Xuntas por mor das obras no Salón de Plenos.

Esta mañá celebrouse, na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Xinzo de Limia, o plenario extraordinario co fin de aprobar o Plan Económico Financeiro. O pleno, que comezou ás 9:30 horas logo de alcanzar o quorum necesario, celebrouse na Sala de Xuntas por mor das obras no Salón de Plenos.

Logo da aprobación da acta anterior, correspondente ao pleno celebrado o pasado 10 de marzo, a Secretaria do Concello deu lectura ao informe de intervención sobre o Plan Económico Financeiro. A continuación tomou a palabra o voceiro nacionalista Ramiro Rodríguez, quen afirmou que "o informe de intervención reflicte que o aumento de ingresos depende das contínuas subas tributarias e que o gasto de persoal segue a ser o máis abundante". Aproveitou o portavoz municipal do BNG para anunciar a súa abstención ao plan.

Ramiro Rodríguez (BNG): "O informe reflicte que o aumento de ingresos depende das contínuas subas tributarias".

Tomou tamén a palabra o voceiro de Xinzo Adiante, Manuel Pérez, quen comentou que "a administración local está a asumir competencias que non lle son propias e que deberían cubrirse cunha partida orzamentaria que non cumpre nin a administración central nin a autonómica". Acusou Pérez ao goberno local de facer "seguidismo" ao goberno da Xunta de Galicia.

Manuel Pérez (XA): "O goberno municipal fai seguidismo das administracións autonómica e central".

A socialista Elvira Lama coincidiu cos outros dous edís da oposición nas súas apreciacións. Afirmou que "votar a favor" sería dar por boa a conta de gastos do exercicio pasado. Comentou tamén que Xinzo de Limia está xa "por debaixo dos 10 mil habitantes" e que, xa que logo, "a merma de ingresos nos vindeiros exercicios será moi importante.

Elvira Lama (PSdeG): "A aprobación deste plan non implica nada novo".

Manuel López Casas, voceiro do grupo de goberno, lembrou que imcumpriran a regla de gasto no 2016 porque "no 2015" foran "rácanos" gastando menos do que lles correspondía para afrontar outras obrigas. Afirmou que a aprobación deste plan "non implica nada novo".

Tomou entón a palabra o rexedor independente para lle reclamar á oposición que "aporten algo ademáis de criticar".

157

As abstencións dos tres grupos da oposición e o voto favorable do grupo popular e máis do rexedor Antonio Pérez posibilitaron a aprobación do Plan Económico Financeiro.