miércoles 01.04.2020

Xinzo celebrou o día Internacional da Muller

Cun salón de actos da Casa da Cultura como en poucas ocasións se ve

Os actos comezaban ás 12:30 horas cunha primeira intervención da alcaldesa de Xinzo Elvira Lama, para dar a benvida a todas as persoas que enchían o salón de actos e primeiramente agradecer a colaboración de FEMUR e do CDR O Viso por colaborar na organización dos actos que se ían a desenrolar para celebrar o día Internacional da Muller.

MULLERES ILUSTRADAS DA LIMIA

cats-dia 8 marzo

Presentou a alcaldesa unha exposición sobre MULLERES ILUSTRADAS DA LIMIA que se inaugurará na mesma Casa da Cultura o próximo sábado 14 sobre as primeiras 10 mulleres ás que se quere homenaxear, aínda que queden moitas máis ás que se lle fará o mesmo recoñecemento sucesivamente.

As mulleres somos as grandes coidadoras das casas, primeiro criando a prole e despois converténdonos en especialistas coidadoras aos nosos maiores, en pleno século XXI comezou dicindo Elvira. Rematou a súa intervención anunciando a presenza dunha das mulleres que forman parte dese ramillete de dez mulleres da Limia, Pepi Molinos, que máis adiante dirixira unhas verbas aos presentes para contar un pouco a súa vida de labrega empoderada.

VISIONADO DE VÍDEO

Posteriormente subiu ao estrado a representante de FEMURO para agradecer en nome da súa federación de mulleres rurais a afluencia de tanta xente ao acto, dicindo tamén que  nas súas asociacións de mulleres rurais insístese en que unha muller non solo debe reivindicar o feminismo o día 8 de marzo, se non todos os días do ano

Proxectouse un vídeo galardoado en moitos festivais internacionais titulado Rural es feminista.

                               Tocoulle a quenda a representante do CDR O Viso, quen presentou unha pequena biografía das 10 mulleres escollidas para esta primeira edición do proxecto MULLERES ILUSTRADAS DA LIMIA, pasando logo a chamar ao estrado a Pepi Molinos para que contara un pouco das súas vivencias e facerlle entrega dun ramo de flores en representación de todas elas.

Rematou o acto coa lectura dun manifesto polo día 8 de marzo a cargo da alcaldesa Elvira Lama.

Logo a saída do acto a propia alcaldesa en representación dos organizadores recibiu os parabéns de todos os asistentes, incluídos membros da oposición, iso si preguntándose pola NON presenza do Concelleiro de Cultura nun acto tan institucional coma este.