Os romanos cruzan o río Lethes sen esquecerse do seu fin

Os romanos cruzan o río Lethes sen esquecerse do seu fin
Última xornada da Festa do Esquecemento 2022

O domingo, 21 de agosto, rematou a volta á Limia castrexa conquistada polos romanos. Estes cruzaron o río Lethes sen esquecerse do seu fin, conquistar o territorio castrexo.

Xinzo encheuse de espectadores de todas as idades para achegarse a esta representación histórica. Centenares de persoas viviron con emoción o cruce do río así como a loita á beira deste. Unha loita na que os castrexos remataron vencidos ante os romanos. Nesta xornada o sol brillou radiante pero non impediu disfrutar do evento.