Xinzo contará cunha senda peonil e de bicicletas ata a Moreira

Prxecto MOREIRA
Xinzo contará cunha senda peonil e de bicicletas ata a Moreira

Esta senda entra dentro do proxecto global da zona, no que se investirán 350.000 €

O concello de Xinzo recibiu o venres o apoio da Deputación Provincial con 150.000 € e da Secretaría Xeral para o Deporte de case 70.000 € para levar a cabo un dos proxectos estrela anunciados por Elvira Lama ao comezo do seu mandato.

SENDA PEONIL E DE BICICLETAS

Unha das partes esenciais do proxecto será unha senda peonil e para bicicletas que sairá dende a renovada Sitibal ata o campo da Moreira.

Ademais da senda, substituiranse as luminarias existentes por unhas led compatibles cos brazos xa existentes.

A ESTRADA SERÁ DE DIRECCIÓN ÚNICA

Debido a compaxinación da estrada coa senda peonil, a circulación dos coches será dunha única dirección. Esta estrada tamén será reacondicionada, dentro do proxecto integral da zona.