domingo 29/11/20

Xinzo despediu a unha “loitadora”

As bandeiras do concello  locen crespón negro por unha das súas concelleiras

casa concello luto
casa concello luto

Ninguén se quixo perder esta tarde a celebración na honra da concelleira do PSOE Manuela Vallejo Dorrio.

Tanto no fin de semana como hoxe a tarde centos de persoas acercáronse ata o tanatorio para acompañar ós seus familiares directos,  e esta tarde , ata a igrexa nova se quedou pequena para despedir a súa veciña.

Toda a corporación municipal,nun lugar discreto e os compañeiros provinciais e locais do partido así como os centos de amigos e veciños quixeron estar presentes.

Dende  dendealimia únimonos as mostras de afecto  e cariño, dos cuais era merecente.

D.E.P.

Comentarios