Xinzo prepárase para un verán cargado de festexos

Foto aérea Xinzo
Xinzo prepárase para un verán cargado de festexos

Actividades xa programadas para o verán en Xinzo de Limia por parte da Concellería de Cultura, Festexos e Deporte.

A concellería de Cultura, comandada polo edil popular Luis Miguel Gil, atópase en pechando xa a programación cultural para o verán de 2017, logo de xa ter presentado o programa de actividades para o Día das Letras Galegas.

Unha das princpais actividades confirmaras será a celebración dun espectáculo infantil na rúa todos os sábados ás 20: 30 horas, dende o 8 de xullo ata o 12 de agosto.

Dependendo da recadación veciñal, estudarase a posibilidade de contratar concertos e monólogos de humoristas recoñecidos para as Festas de Santa Mariña.

Así mesmo, o concelleiro informa que veñen de se confirmar as orquestras e grupos que actuarán nas Festas de Santa Mariña. Xinzo poderá desfrutar das orquestra Miramar –o domingo 16–, co Combo Dominicano e a orquestra Nebraska –o luns 17– e cos grupos Suadade e Graffitti –o martes 18–. O sábado, día 15 de xullo, terá lugar o III Festival e Gaitas onde, ademáis da participación das diferentes bandas da capital da Limia, participarán as de Piedras Blancas –de Asturies– e outra de Viana do Castelo (Portugal). Tamén haberá sesión vermouth coa "Chikiband" –da Agrupación Musical da Limia–.

Durante as festas, o concello organizará diferentes espectáculos infantís os días sábado, domingo, luns e martes. Segundo informan dende o consistorio, dependendo da recadación veciñal, estudarase a posibilidade de contratar concertos e monólogos de humoristas recoñecidos para o venres e para a verbena do sábado.

Mais estas non son as únicas actividades musicais e culturais que se están a programar dende o Concello de Xinzo. A saber:

Festival Infantil de Bandas de Música o 9 de xullo –coa participación da Chikiband–.

Festival de Bandas de Música o 30 de xullo coa Agrupación Musical da Limia.

Festival de Folclore o 13 de agosto.

Acto do Día Nacional de Galicia o 25 de xullo.

Estúdase a posibilidade de recuperar o FAX –Festival Alternativo de Xinzo– para o sábado 5 de agosto.

Estúdase tamén a posibilidade de organizar unha Feira de Artesanía no mes de xuño.

Colaborarase coa Asociación Teatro Aneis nas distintas representacións que terán nestes meses.

Colaborarase co Festival da Academia Danzón o 24 de xuño na Praza Carlos Casares.

Colaborarase tamén co Festival de Fusión.

Colaborarase activamente coa Festa do Esquecemento organizada pola asociación Civitas Limicorum.