Xinzo procesionou a S.Sebastín e a patroa Sta. Mariña

Coral Sta. Mariña
Xinzo procesionou a S.Sebastín e a patroa Sta. Mariña

No día da festa patronal a procesión foi presidida polo Arcebispo de Belcastro José Rguez. Carballo

No día da festa patronal a procesión foi presidida polo Arcebispo de Belcastro José Rguez. Carballo

Nunha mañá espléndida os tronos de S.Sebastián e a patroa Sta. Mariña percorreron as rúas do casco vello e as principais da vila de Xinzo , para celebrar o día de festa da patroa.

Procesión Sta. Mariña4A procesión a nivel eclesiástico estivo presidida polo nº dous do Vaticano e veciño de Lodoselo Fray José Rodríguez Carballo.

En representación do pobo de Xinzo, ademais de todos os fieis que quixeron asistir a procesión, estaban as primeiras autoridades locais encabezadas polo alcalde e un nutrido nº de concelleiros do grupo de goberno e da oposición.

O longo de todo o percorrido foron acompañados, pola banda de gaitas de Xinzo e pola agrupación musical da Limia.

MISA CONCELEBRADA

Unha vez rematada a procesión os fieis encheron a igrexa nova do Xinzo e asistiron a unha misa cantada e concelebrada polo arcebispo . Os cánticos púxoos a coral de Sta. Mariña.Procesión Sta. Mariña3

Unha vez remata a misa as terrazas das distintas cafeterías enchéronse de veciños para departir cos amigos e visitantes unha boa sesión vermout.

Procesión Sta. Mariña2