Xinzo segue a subir os seus positivos

00027
Xinzo segue a subir os seus positivos

Os números son os mesmos , pero os contaxios da Residencia baixaron

Aínda que nas cifras globais dende fai unha semana o número de contaxiados, solo subiu en 3 persoas, estes datos non poden ser considerados como bos, posto que dos 11 casos de fai unha semana, 10 pertencían a Residencia Sta. Mariña.

Unha semana despois, o global está en 14, pero os contaxios na residencia baixaron a 3, co que a subida real en todo o concello é de 10 casos nunha semana.

147 casos por 100.000 habitantes

A día de hoxe, cos datos referidos ao sábado Xinzo está nestes momentos nunha incidencia de 147 casos por 100.000 habitantes, cando fai tan solo 3 semanas era de 52.

De seguir a este ritmo de subida, moito nos tememos que no último reconto da semana Santa o martes da semana que ven, as medidas para o noso concello poden voltar a ser máis restritivas.