sábado 8/8/20

Xinzo tamén conmemorou o día de Galicia

Cun acto institucional no parque Galicia ao que asistiron medio cento de veciños e veciñas

Pasadas as 20:30 comezou o acto institucional co que o concello de Xinzo quixo conmemorar o día grande de Galicia.

LECTURA DE MANIFESTO, MÚSICA E FRAGMENTOS DE OBRAS DE ESCRITORES GALEGOS

Instantánea - 537

Abriu o acto a alcaldesa Elvira Lama para dar lectura ao manifesto internacional que este ano se lle dedicou principalmente e primeiramente a todas aquelas persoas que durante os meses de confinamento estiveron tendo man dos servizos básicos, fosen dos sectores que fosen.

A continuación  Alba Feixó deu lectura a Proclama publicada por A Nosa Terra o 25 de xullo de 1934, que leva por título IRMÁNS NA TERRA. Logo tocoulle o turno a Sheila, para rematar co concelleiro de Cultura dando lectura a pasaxes de dúas obras de Manuel María.

Entre intervención e intervención  houbo interpretacións musicais a cargo da Agrupación Musical da Limia que remataron coa do Himno Galego con todos os asistentes en pe.

                               DAI LETRAS 2DAI LETRAS 1

Ao acto ademais da alcaldesa Elvira Lama asistiron os concelleiros do grupo de goberno do PSdG-PSOE e BNG e Luis M.Gil en representación do grupo Popular.