Xornada electoral de mañá, totalmente en calma

IMG_20200712_113302
Xornada electoral de mañá, totalmente en calma

A porcentaxe de participación ás 12:00 é mais alta que fai 4 anos en todo Galicia e en Ourense

Screenshot_2020-07-12 Avances de Participación Ourense Eleccións ao Parlamento de Galicia

Ata as doce da mañá todos os colexios electorais da vila recibiron aos electores co protocolo de enxaugue de mans, unha soa persoa diante da mesa electoral correspondente, depositar o DNI nunha bandexa, co cal solo toca o carné o propietario e introdución da papeleta polo interesado e saída, no caso de algún colexio pola parte traseira do edificio, tendo que percorrer tódolos patios externos.

cats2cats

NOTA PINTORESCA

A nota “pintoresca”, se se pode chamar desta maneira puxérona uns apoderados do partido de VOX que chegaron onte a noite en autobús dende as distantes terras de Málaga.

Queixábanse que esta mañá a temperatura era bastante fría para a época do ano. Cando cheguen as 4 do serán supoñemos que non opinarán o mesmo. A nosa intención era preguntarlle pola experiencia nestas poucas horas neste día tan sinalado polas nosas terras, pero aínda que os tres, un deles de Xinzo,. Xa comezaran a falarnos, o responsable de grupo prohibiu facer ningunha manifestación a ningún medio. Que pena!! A cousa estaba sendo agradable é simpática e moi interesante.