jueves 15/4/21

As xornadas de formación para maiores que promove a USC en Xinzo destacarán o patrimonio cultural da vila

As sesións comezarán o 10 de abril e contarán tamén con expertos en criminoloxía ou na prevención de enfermidades infecciosas

Mosteiro-XinzoBaja
Mosteiro Trandeiras

A Universidade de Santiago de Compostela promove en Xinzo unhas xornadas de formación para maiores de 50 anos que levan por título “Camiños de coñecemento e experiencia”. As sesións comezarán o día 10 de abril cun seminario sobre o patrimonio cultural de Xinzo e incluirase unha visita guiada á Pedra Alta de Antela aos Miliarios de Vilariño das Poldras. Carolina Casal Chico, doutora en arte medieval pola USC, será a encargada de achegar os tesouros culturais de Xinzo aos asistentes.

A criminoloxía e a política criminal serán os temas principais das xornadas na charla programada para o 17 de abril e na que se incluirá unha sesión práctica para a resolución de casos e análise de pegadas dactilares da man da experta Ana Moure Soengas, graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía.

A última sesión da programación está prevista para o 24 de abril e falarase sobre as medidas preventivas fronte ao contaxio de enfermidades no que poderán participar os asistentes cun debate. Sergio Cinza Sanjurjo, médico de Atención Primaria, dirixirá o encontro.

Cómpre destacar que a inscrición a estas xornadas será gratuíta e que terán como escenario a Casa da Cultura de Xinzo de Limia, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas.

Os interesados poden inscribirse a través da dirección de correo electrónico [email protected] ou a través de aplicación WhatsApp no número de teléfono 600 314 155.