Imprimir

O 3 de xullo comezará unha nova edición do Campamento CDR O Viso

O. Ferreiro | 21 de junio de 2017

Organizado polo CDR O Viso e promovido pola Consellería de Política Social e o Ministerio de Sanidade

Dende o vindeiro día 3 de xullo e até o día 9 do mesmo mes desenvolverase en Lodoselo unha nova edición do Campamento CDR O Viso. Nenos e nenas de entre 4 e 12 anos realizarán, coordinados por un equipo de monitores de ocio e tempo libre, actividades na natureza, roteiros de orientación, obradoiros, actividades deportivas e moitos outros xogos.

Este campamento terá dúas modalidades.

Organizado polo CDR O Viso e promovido pola Consellería de Política Social e o Ministerio de Sanidade, este campamento terá dúas modalidades: unha a tempo completo con pernocta e outra de 10:30 a 17:30 horas –con xantar, merenda e transporte dende Xinzo de Limia incluídos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/sociedade/3-xullo-comezara-nova-edicion-do-campamento-cdr-viso/20170621220037009970.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia