Imprimir

6.000 Kg de patacas no primeiro día de venta “on line”

Dende a Limia | 20 de abril de 2020

IMG_20200420_200704
IMG_20200420_200704

Galicia recibirá o  50%

700 carriños de compra a vez e 2200 persoas que estaban visitaron  a páxina no primeiro día

Fai dous días que os produtores de pataca da Limia, socios da asociación, fixeron un chamamento nos medios e redes para poder sacar os 4.000.000 de Kg, que aínda están nos seus almacéns.

Ante esta petición, e a posta en marcha da campaña a través de Patatas AMA, empresa autorizada, que leva facendo isto xa fai catro anos, e ante a situación de que esta empresa xa vendeu toda a produción de patacas AGRIA, a única variedade que está amparada pola IXP Pataca de Galicia, o público comezou a entrar na páxina

2.200 USUARIOS NA PÁXINA NA TARDE DE ONTE E 700 CARRIÑOS A MESMA VEZ

IMG-20200420-WA0017Onte pola tarde, domingo, comezaron a entrar os pedidos a un ritmo que Amador Díaz, nunca había imaxinado e nunca sucedera. Nun momento da tarde había 2.200 persoas vendo a páxina e 700 carretos de compra. Como sempre sucede nestas situacións, sempre xurde algún problema co que non contas,  comenta Amador, a plataforma do banco, caeu e non se podía pagar por tarxeta. Esta mañá a media mañá solucionouse e seis dos primeiros produtores que se apuntaron tiveron que comezar a enviar as patacas para o seu empaquetamento.

Mañá a mediodía estaránas patacas no domicilio dos pedidos.

As oito da tarde os primeiros 6.000 Kg chegaban a empresa de transporte encargada dos envíos a domicilio,  os cales comentan que tiveron que contratar un camión para levar os pedidos de fora de Galicia, e que unha vez cheguen esta noite a Benavente, seguirán o seu camiño e mañá a medio día poderán comer estas patacas en calquera parte de España. Dos 6.000 Kg do primeiro día o 50% teñen como destino as catro provincias galegas e o resto principalmente para Madrid, Barcelona e Bilbao.IMG_20200420_200557

MAÑÁ A MESMA HORA SAIRÁN MÁIS

 Amador Díaz, estaba eufórico e satisfeito a última hora desta tarde. Durante toda a mañá, non soltei o teléfono da orella, e a cousa vai moi ben. A estas horas 21:30 os pedidos que temos que servir mañá supera nun 40% o de hoxe. Esta campaña comeza a ser un éxito, cuestión que ten que satisfacernos, pola venta por un lado e por outro pola promoción que se está a facer do produto estrela da nosa comarca.

Para axudar e comprar patacas da Limia  www.patatasama.com

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xeral/6000-kg-patacas-primeiro-dia-venta-on-line/20200420215620021048.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia