Imprimir

Alumnos do IES Lagoa de Antela preparan turrón con patacas fritas

Patricia F.S | 19 de noviembre de 2015

Cursan un FP básico de cociña e restauración

    Os alumnos e alumnas de Formación Profesional Básica de cociña e restauración do IES Lagoa de Antela, tiveron a oportunidade de elaborar turrón con pataca kennebec frita.

Con motivo da visita dun técnico do Consello Regulador da Pataca elaboraron este doce. O éxito foi tal, que ata teñen encargos para Nadal de algúns profesores do instituto. Martín Álvarez, un dos profesores do ciclo, sinala que a mestura do chocolate con sustancias salgadas e mesmo picantes está á orde do día. De feito, estes rapaces xa probaron a facer unha modalidade de turrón con peta zeta.

Estas novas técnicas en cociña e restauración forman parte do temario dos 18 alumnos e alumnas que están cursando este FP no centro de secundaria de Xinzo. No primeir ano de ciclo fórmanse en iniciación á cociña, aprendendo técnicas, como manipular os alimentos e normas de hixiene. "Intentamos implicalos na cociña. O que é interesante tamén é que ó ser alumnos de por si inquedos, na cociña está entretidos e aprenden un oficio", sinala o profesor de cociña, Marcos Iglesias.

Os alumnos de segundo ano céntranse máis nas labores de restauración, con prácticas de servizo en sala e mesa. Tamén teñen un módulo centrado na respostería. A miúdo reciben a visita de profesionais que lles ensinan técnicas. "Vémolos medrar tamén como persoas. No primeiro ano chegaron alumnos que non sabían o que era un pomelo ou que non sabían sentarse ben á mesa" apunta Martín Álvarez.

Sexan de primeiro ou segundo ano, todos conviven no mesmo espazo onde poñen en práctica o aprendido. Hoxe tocaba servir as mesas con croquetas, paella e uns suculentos postres con copas de froitas e doces de chocolate. Todo elaborado polos alumnos e con mesas colocadas e servidas tamén por alumnos.postres

De aquí sairán preparados para acceder a cursos superiores e seguir estudando ou ben formados para poder traballar nun dos sectores nos que a crise aínda non afondou. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o sector servizos medrou en Galicia sete puntos nos últimos meses. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xeral/alumnos-do-ies-lagoa-antela-preparan-turron-patacas-fritas/20151119172226005796.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia