Imprimir

Os branquinegros deixaron voar dous puntos

Dende a Limia | 28 de octubre de 2019

Sporting Carballiño 3 Antela FC 3

O partido comezaba cos antelistas moi ben plantados. Moi pronto as triangulacións de Carrasco, Rivero e Joni darían os seus froitos. No m.10 Joni marcaba o 0-1. As boas xogadas continuaban chegando. No m.34 chegaba o 0-2, desta volta por obra de Rivero. Así chegábase ó descanso. Na segunda o Antela continuou con bo xogo pero atrás fixo augas. No 54 os carballiñeses recortaron distancias a través de Pousa nun remate tras centro lateral.

Dez minutos máis tarde chegou o empate nun erro defensivo. Co empate no marcador os visitantes seguiron porfiando e Joni puxo o 2-3 de penalti cometido sobre Rivero. Parecía que os tres puntos virían para Xinzo pero un disparo dende case o medio campo colleu adiantado a Julián e os puntos repartíronse para ambas escuadras.

Miguel Alonso non dá coa tecla para deixar de encaixar tantos goles. En oito partidos xa van 15 en contra. Números imposibles para optar ó ascenso

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/deportes/branquinegros-deixaron-voar-dous-puntos/20191028190359018154.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia