Imprimir

A CHMS finaliza os traballos de restauración hidrolóxico-forestal da zona afectada polo incendio de O Xurés (Lobios-Ourense) nas que o Estado investiu máis de 142.000 euros

Dende a Limia | 19 de diciembre de 2020

18122020_RIO_LOBIOS

Construíronse máis de 1000 tramos de retencións naturais, o que equivale a 8 km lineais

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou os traballos de restauración hidrolóxico-forestal da Serra do Xurés, zona devastada polo incendio que afectou a máis de 2.000 hectáreas do municipio ourensán de Lobios. Actuacións na que o Estado investiu máis de 142.000 €.

Actuacións

18122020_XURES_1Construíronse máis de 1000 tramos de retencións naturais, o que equivale a 8 km lineais; as técnicas utilizadas consistiron na construción de pequenos muros de retención (albarradas) con madeira queimada e/ou pedras en gabias e torrenteiras; e feixes de troncos e ramas, suxeitas con rolos de madeira queimada, cos que se consegue frear o transporte de sedimentos, estabilízase o leito e as marxes, e diminúese a enerxía potencial da auga e, por tanto, o súa poder erosivo.
Ambas as actuacións executáronse dentro do perímetro do incendio, con especial incidencia en zonas de cabeceira de leitos e en zonas de maior afección. Ademais, realizáronse rozas e resalveos en 3,8 km dos leitos próximos, nos ríos Caldo, Lobios e afluentes.
Estes traballos foron executados por tres brigadas forestais en colaboración coas Xuntas dos Montes Veciñais en Man Común de Serra de Lobios e Nichos e Serra do Xurés.

“Estamos satisfeitos co resultado dos traballos e cos prazos de execución; cabe lembrar que se actuou con moita présa para evitar os efectos das primeiras choivas xa que as fortes pendentes do terreo e a redución drástica da cuberta vexetal, podería provocar un importante fluxo de líquidos e sólidos cara aos leitos, coa consecuente degradación dos ecosistemas fluviais, ademais de problemas por arrastres e tapóns en infraestruturas e poboacións augas abaixo da zona queimada”, concluíu Quiroga.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/lobios/chms-finaliza-traballos-restauracion-hidroloxico-forestal-da-zona-afectada-polo-incendio-xures-lobios-ourense-nas-estado-investiu-mais-142000-euros/20201219101729024302.html


© 2021 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia