Imprimir

Clausura do obradoiro impartido nos concellos de Xinzo e Baltar

Dende a Limia | 26 de marzo de 2017

85
85

A delegada territorial da Xunta en Ourense participou onte na clausura e entrega de diplomas dos programas mixtos de formación e emprego promovidos polos concellos de Xinzo, Baltar

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas dos obradoiros de emprego Xin-Bal, que promoveu os concellos de Xinzo e Baltar.

 No acto, Díaz Mouteira puxo en valor estes programas mixtos de formación e emprego que, segundo apuntou, incrementan a inserción no mercado de traballo dos seus participantes. Neste caso, o alumnado participante terá a partir de agora máis oportunidades para atopar un emprego como albanel e xardineiro.

 

A máxima representante da Xunta en Ourense salientou que “apostar pola formación e a aprendizaxe é apostar pola creación de empregos estables e de calidade”,  e neste senso indicou que unha das prioridades do Goberno galego é mellorar a cualificación dos traballadores e traballadoras, ofrecéndolles unha formación vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade con validez nacional, como é o caso dos obradoiros. Esta  iniciativa de emprego contou cun investimento da Consellería de Economía, Emprego e Industria de preto de 180.000 euros.

 

Na visita tamén estiveron presentes os alcaldes de Xinzo e Baltar

Actuacións

O alumnado de Xin-Bal durante estes meses dedicouse ao mantemento, revalorización e conservación ambiental nos parques de Xinzo de Limia da Devesa, Pombal, Seara, Galicia, Antioquía e zonas verdes do parque empresarial. Polo que respecta ao municipio de Baltar, as actuacións consistiron na reparación do muro no cemiterio de San Paio, reparación de beirarrúas nos lugares de Tixós, San Paio e Baltar, así como o acondicionamento do centro de día, do velorio e da Casa do Concello.86

Nova convocatoria para o 2017

Díaz Mouteira subliñou que recentemente saíu publicado no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de axudas para os obradoiros de emprego ordinarios á que este ano a Xunta destina un total de 20,5 millóns de euros, preto dun 50% máis que na convocatoria inicial anterior.

 

Ademais, a representante do Goberno galego en Ourense explicou que este ano se inclúen diversas novidades como é que a partir de agora se valorará a relación da iniciativa co tecido empresarial da zona onde teña lugar o obradoiro e as posibilidades de inserción.

Ademais, ampliarase a duración ata os 9 meses, os concellos resultantes de fusións contarán con maior puntuación, terán preferencia as persoas e colectivos que máis o precisen.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/novas/clausura-do-obradoiro-impartido-nos-concellos-xinzo-baltar/20170325180547009060.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia