Imprimir

Os concelleiros de Xinzo non se poñen de acordo na escolla de bandeira e escudo para o municipio

O. Ferreiro | 06 de diciembre de 2017

Alcalde e secretaria do concello de Xinzo de Limia.
Alcalde e secretaria do concello de Xinzo de Limia.

Pois iso. Que Xinzo de Limia segue sen bandeira até nova discusión.

Na sesión plenaria deste pasado luns, non só se aprobaron os orzamentos do 2018. De feito, a sesión converteuse nun dos plenos máis longos do ano.

O primeiro punto da orde do día que se debatiu foi o referente á escolla dunha bandeira para o Concello de Xinzo de Limia así como á renovación do seu escudo oficial.

O primeiro punto da orde do día que se debatiu foi o referente á escolla dunha bandeira para o Concello de Xinzo de Limia.

Se ben é certo que se trata dun tema especialmente relevante pois o que saia desta escolla permanecerá no tempo e converterase nun dos máis importantes símbolos de identidade do noso municipio, ninguén esperaría que continuase sen haber acordo entre as forzas políticas que nos representan.

Ante a negativa de todos os grupos políticos de contratar a unha empresa especializada no deseño heráldico pra que presentase propostas alternativas –que finalmente terían que ser aprobadas tamén pola Xunta de Galicia e en pleno–, optouse por se dirixir directamente á Comisión Heráldica da Xunta de Galicia, quen enviou ao consistorio limián dúas propostas para seren debatidas.

IMG_4433

Dende o BNG, Ramiro Rodríguez Suárez, sinalou que non tiñan ningún problema co escudo, pero que a bandeira "non nos convence". Foi por isto que anunciou a abstención como voto ante a proposta.

Manuel Pérez Campos, voceiro de Xinzo Adiante, coincidiu con Ramiro afirmando que "xa manifestamos que non nos gustaba a bandeira" que "máis ca unha bandeira parece un estandarte para procesións".

A concelleira Elvira Lama, do PSdeG lembrou que a oposición pedira consenso para un tema coma este e que o alcalde "comprometérase nunha reunión a buscar ese consenso e non o cumpriu". "Trátase de aprobar un símbolo que nace con vocación de permanencia e entendemos que nunha cuestión tan delicada como son os símbolos de identidade dun pobo non pode ser aprobada unilateralment", concluíu. Outra abstención.

IMG_4427

A continuación tomou a palabra o alcalde, Antonio Pérez, para sinalar que a señora Lama "está faltando á verdade". "Só había dúas opcións, ou acudir directamente á comisión heráldica ou contratar o deseño de foirma externa". Pérez propuxo adiar a votación da proposta e a consecuente decisión, deixando de novo este asunto enriba da mesa ata que sexa levado á vindeira comisión.

Lama, no turno de réplica, aproveitou para sinalar que "o mellor é que veña alguén da comisión heráldica e faga un informe sobre por qué se muda a maneira de facer bandeiras".  

Pois iso. Que Xinzo de Limia segue sen bandeira até nova discusión.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/concelleiros-xinzo-non-ponen-acordo-escoller-bandeira-escudo-municipio/20171206222452011301.html


© 2021 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia