Imprimir

O Concello de Xinzo de Limia a día de hoxe, non ten brigadas de loita contra incendios, operativas.

Dende a Limia | 24 de julio de 2020

Grupo Popular de Xinzo
Grupo Popular de Xinzo
Segundo afirma o grupo do PP no concello

Nota enviada, copia literal:

Finais de xullo, ola de calor extremo, semanas en alerta vermella por perigo de lumes, a provincia de Ourense co maior número de focos  incendiarios de España e o Concello de Xinzo de Limia sen as súas brigadas da loita contra incendios operativas.

Brigadas moi necesarias na extinción dos lumes que sufrimos por desgraza cada ano na nosa zona, ademais dos desbroces que fan nos núcleos urbanos do Concello;  e que a día de hoxe seguimos sen ter novas de cando van a empezar a traballar.

O Concello de Xinzo de Limia segue confinado na súa operatividade agás para saír en fotos e notas de prensa insulsas preparadas a dediño dende a nova empresa de comunicación que se contratou no mes de marzo afín a Dna. Elvira Lama.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xeral/concello-xinzo-limia-dia-hoxe-non-ten-brigadas-da-loita-incendios-operativas/20200724233645022197.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia