Imprimir

O cooperativismo como forma de autoemprego

Dende a Limia | 04 de febrero de 2015

Eusumo organiza unha xornada para dar a coñecer as vantaxes da fórmula cooperativa

“Coñece a fórmula cooperativa” e o titulo atribuído a xornada de promoción do cooperativismo organizada pola rede Eusumo. Esta actividade terá lugar o vindeiro 5 de febreiro en Xinzo de Limia, na casa do Concello.

O obxectivo que se pretende acadar con esta xornada é dar a coñecer aos emprendedores as vantaxes da fórmula cooperativa, como o modelo empresarial máis axeitado hoxe en día. Este programa está dirixido as persoas interesadas no modelo empresarial cooperativo como forma de autoemprego, con especial interese as persoas cunha idea de negocio, desempregados ou autónomos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/cooperativismo-forma-autoemprego/20150204014328003134.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia