Imprimir

En corentena familia, convidados e a nena da primeira comunión deste domingo en Baltar, logo do positivo do párroco

Xosé Lois Colmenero | 15 de octubre de 2020

Igrexa parroquial de Baltar, precintada. | FOTO: Noelia Caseiro.
Igrexa parroquial de Baltar, precintada. | FOTO: Noelia Caseiro.

O que podería ser un día para non esquecer, acabará por convertirse nun para esquecelo se é que se acaba confirmando algún positivo máis entre os asistentes á celebración da primeira comunión dunha cativa de Baltar este domingo. Segundo puido saber esta redación, o positivo do oficiante vén de deixar a unha ducia de persoas confinadas -a pequena tamén- ata que non se coñeza o avance do que pode chegar a ser un importante gromo neste municipio ourensán

Segundo testemuñas presenciais, o párroco oficiou a eucaristía sen a oportuna máscara e a cativa que recibía o sacramento da comunión retirouna para a lectura dos textos bíblicos. 

O sacerdote titular da parroquia de Baltar leva pouco máis dun mes no seu novo destino, e presta atención a todos os fregreses do municipio. 


 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/baltar/corentena-familia-convidados-nena-da-primeira-comunion-deste-domingo-baltar-logo-do-positivo-do-parroco/20201015122738023068.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia