Imprimir

Décimo Xuño Bruto cruzou o Lethes e venceu aos castrexos

Dende a Limia | 25 de agosto de 2019

Un ano máis celebrouse a escenificación do paso do río Lethes por parte das tropas de Xuño Bruto, quen despois de cruzalo e non perder a memoria enfrontouse aos pobos castrexos da Limia, vencéndoos na batalla e coa loita corpo a corpo co guerreiro Beltain.

Instantánea - 420

Despois as tropas romanas e os castrexos desfilaron por última vez este ano polas rúas de Xinzo, ante un público que ateigaba a rúa principal e as prazas por onde pasaron.

Coa exhibición do circo romano na alameda do Toural e co apagado do lume sagrado o ESQUECEMENTO 2019 tocará ao seu fin, tendo que esperar 361 días ata a proxima celebración.

 

 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/decimo-xuno-bruto-cruzou-lethes-venceu-aos-castrexos/20190825232444017516.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia