Imprimir

A declaración de interese internacional do entroido de Xinzo, ten que esperar

Dende a Limia | 19 de marzo de 2016

A Xunta dille o Concello que a documentación,  aportada do expedente ,era insufucente

A documentación remitida polo Concello de Xinzo para solicitar a declaración de festa de interese internacional para o seu entroido estaba incompleta. Así o revelou  unha resposta oficial dada pola Axencia Galega de Turismo a unha pregunta formulada pola deputada socialista Noela Branco. 
Elvira Lama2DUAS VECES ENVIAN A MESMA DOCUMENTACIÓN
Segundo afirma a deputada ,o  organismo autonómico explica que, tras advertir ao Concello das «moitas carencias» do expediente, o goberno local volveu remitir por segunda vez a mesma documentación.
Noela Branco lembrou que o rexedor promoveu recentemente a reprobación da portavoz socialista no municipio, Elvira Lama: «Máis que dedicarse a fiscalizar as actuacións dous socialistas de Xinzo, debería dedicarse ás súas funcións». 
A DECLARACIÓN DE INTERESE INTERNACIONAL, TAMÉN SON CARTOS 
Elvira Lama fixo fincapé en que a declaración «tamén son cartos» porque, como mínimo, a Xunta entrega 40.000 euros a todas as festas que teñen esa distinción. A portavoz municipal denunciou a «clara deixadez de funcións do alcalde» por todo iso.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/novas/declaracion-interese-internacional-do-entroido-xinzo-ten-esperar/20160319113242006599.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia