Imprimir

O desfile infantil do venres vai reunir a máis de 1700 participantes polas rúas de Xinzo

Patricia F.S | 03 de febrero de 2016

Desfile infantil 2015
Desfile infantil 2015

O percorrido será pola Avenida de Madrid, Avenida de Ourense e Rúa Marcelo Macías

    O desfile infantil do venres conta este ano con 15 centros educativos que interveñen nel. Será a primeira vez que os participantes non son só de Xinzo senón que veñen de toda a Limia. Así este ano estarán presentes as escolas de Xinzo e os dous institutos de Secundaria e a Escola Infantil Galiña Azul e Ludo 3. A maiores virán o CEIP Carlos Cid Arregui Rairiz de Veiga e o PAI Rairiz de Veiga; CEIP Sarreaus; CEIP Os Blancos; CEIP Baltar; CEIP Sandiás e PAI Sandiás; CEIP Vicente Risco Cualedro e o CEIP Xoaquín Lorenzo "Xocas" de Bande.

Os cativos e cativas están ultimando os seus disfraces coa axuda de familiares e profesores. Todo ten que estar a punto para que o venres ás 11h comece o desfile nun día no que segundo a previsión meteorolóxica  fará sol.

O percorrido será pola Avenida de Madrid, Avenida de Ourense e Rúa Marcelo Macías. Estará amenizado polas charangas Nova, Achicoria e Sorcha. Neste senso, numerosas persoas comezaron a pedir polas redes sociais máis apoio musical, solicitando gaiteiros ou equipos de música, de maneira desinteresada, por considerar que só tres charangas non era suficiente para todo o desfile. 

Pola tarde a festa infantil continuará na Praza Maior coa actuación de Trola Animación de 18h a 19.30h. Logo dará comezo o concerto para os máis pequenos a cargo de Uxía Lambona e a Banda Molona, ata as 21h. 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/entroido-2016/desfile-infantil-do-venres-vai-reunir-mais-1700-participantes-polas-ruas-xinzo/20160203125000006326.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia