Imprimir

Deteñen en Lobios a sete persoas en relación coa moza achada morta no embalse de Lindoso no 2016

O. Ferreiro | 21 de febrero de 2018

Imaxe de arquivo do Encoro de Lindoso, onde foi atopado o corpo sen vida da moza suramericana.
Imaxe de arquivo do Encoro de Lindoso, onde foi atopado o corpo sen vida da moza suramericana.

 

Investigan un suposto caso de prostitución en relación á morte da moza, de orixe suramericana

A Policía Nacional vén de deter a sete persoas na localidade de Grou, no municipio limián de Lobios, no marco das investigacións iniciadas tras a aparición do corpo dunha muller de 21 anos no encoro de Lindoso en decembro de 2016.

Fontes próximas á investigación explicaron que a operación, que se atopa baixo segredo de sumario, segue aberta e no marco das pescudas procedeuse a rexistrar vivendas nesta localidade de Lobios, polo que non se descarta que poidan producirse novas detencións.

A Policía Nacional investiga no marco desta causa un suposto caso de prostitución en relación á morte da nova, que era de orixe suramericana. Pola súa banda, fontes xudiciais sinalaron que os detidos pasarán a disposición xudicial nas próximas horas no Xulgado de Instrución de Bande, por ser o máis próximo ao lugar onde sucederon os feitos.

A actuación policial comezou coa aparición do corpo dunha muller de 21 anos, de orixe suramericana, flotando nas augas do encoro de Lindoso o 10 de decembro de 2016. Malia que nun primeiro momento se apuntou cara o suicidio como suposta causa do falecemento da moza, a investigación continúa avanzando e xa non se rexeita ningunha posibilidade.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/lobios/detenen-en-lobios-a-sete/20180221233047012091.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia