Imprimir

Detido un veciño de Verín que se atopaba en busca e captura polo Xulgado de Xinzo

O. Ferreiro | 14 de marzo de 2017

Garda Civil de Tráfico nun control viario.
Garda Civil de Tráfico nun control viario.

O veciño era reincidente e foi detido como presunto autor dun delito contra a Seguridade Viaria, tipificado no Código Penal.

Sobre as 12:30 horas do día 13 de marzo de 2017, Gardas Civís encargados da Vixilancia e Prevención de Delitos contra a Seguridade Viaria, pertencentes ao Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín (Ourense), observaron como polo Kilómetro 0,100 da estrada OU-113 (Verín - Vilar de Barrio), pertencente ao termo municipal e partido xudicial de Verín (Ourense), circulaba un Ford Orión, conducido por M. D. R. de 44 anos de idade e veciño de Verín, o cal ten suspendido o seu permiso de conducir ao esgotar a totalidade dos puntos. 

Por iso, fóronlle instruídas dilixencias penais en calidade de investigado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria, polas que deberá comparecer no Xulgado de Verín o vindeiro mércores día 15, aínda que, seguindo o protocolo establecido para a identificación dos condutores, a través da Base de Señalamientos Nacionais (BDSN), tamén puideron comprobar que, sobre esta persoa pesaba unha orde de PROCURA, DETENCIÓN E PERSONACIÓN, do Xulgado de Instrución e Primeira Instancia Nº 1 de Xinzo de Limia (Ourense); polo que  procederon á súa detención e personación ante o titular do Xulgado de Garda de Verín (Ourense).

Este condutor é reincidente neste tipo de delitos, tipificados no Código Penal e tamén na comisión de infraccións por contravenir as normas que regulan a circulación de vehículos.

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, lémbrase que este tipo de delitos, o Código Penal castígaos con penas de prisión de tres a seis meses ou multa de doce a vinte e catro meses ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.
 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/detido-vecino-verin-atopaba-busca-captura-polo-xulgado-xinzo/20170314211340008998.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia