Imprimir

Dis que din… que Antonio Pérez, alcalde de Xinzo, chegou á asemblea do GDR cun sorriso "fóra do normal"

Dende a Limia | 12 de mayo de 2017

180Despois de saudar protocolariamente aos alcaldes que se topou ata chegar o seu asento, continuou cunha faciana de estar "extraordinariamente satisfeito".

O único que nos dixo foi que viña de Santiago, que era a segunda viaxe que facía esta semana á capital galega e que non foi por mor da celebración do Día das Letras Galegas.

Despois de insistir no por que de tal satisfacción comentou que se sabería mañá pola mañá.

Pois nada, toca esperar… o que tamén se lle notaba era que o sorriso non era por que lle tocara a lotería, aínda que hai loterías que non só son de cartos.

Sexa polo que sexa, está claro que é mellor ver á primeira autoridade con esa expresión que con outras , que tamén se lle coñecen...

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/dis-que-din/dis-dinantonio-perez-alcalde-xinzo-chegou-asemblea-do-gdr-cun-sorriso-non-era-normal/20170512215312009534.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia