Imprimir

Dous plenos extraordinarios e una rolda de prensa

Dende a Limia | 04 de noviembre de 2019

Frenética mañá dos concelleiros de Xinzo e da alcaldesa Elvira Lama

A primeira sesión plenaria urxente está convocada para as 09:00 na que o primeiro punto na orde do día é a aprobación dunha  OPERACIÓN DE TESOURERÍA 2019.

Os seguintes puntos refirense a modificación en varias ordenanzas municipais, para rematar o pleno coa aprobación inicial inclusion subvención nominativa en especie a favor da “asociación LIMISI” no anexo de subvencións do vixente orzamento.

Ao ser un pleno extraordinario, non conta con rogos e preguntas.

Unha vez rematado o pleno está convocado outro con urxencia para novo sorteo compoñentes dalgunhas mesas electorais para as eleccións xerais do 10 de novembro de 2019, por mor das escusas aceptadas pola xunta electoral de zona.

 

ROLDA DE PRENSA PARA PRESENTACIÓN DA I FEIRA DA PATACA E MAQUINARIA

Rematados os dous plenos extraordinarios a alcaldesa Elvira Lama acompañada do Concelleiro de Medio Rural Amador Díaz farán a presentación da que será a I Feira da Pataca e Maquinaria.

Esta feira xa foi anunciada ao comezo do mandato deste equipo de goberno.

IMG_20191004_195045

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/dous-plenos-extraordinarios-rolda-prensa/20191104205917018269.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia