Imprimir

Esmeralda actúa este venres no Luar na busca dun pase á final do concurso de canto

Patricia F.S | 07 de abril de 2016

    A cantante de Rairiz de Veiga está moi preto de cumprir os seu soño de gañar o concurso de canto do programa da TVG, Luar. A súa actuación terá lugar este venres a partir das 00.30h cando Esmeralda pisará con forza o escenario para interpretar "o poder do amor".esmerlda 1

Tras varios anos loitando pola música o seu paso polo programa está sendo moi positivo e sinala que "para esta nova etapa prepárome con moita ilusión e traballo constante, xa que por cuestións alleas á miña persoa, adiantóuseme unha semana a data para cantar, polo que afronto un reto maior".

Ilusión e gañas non lle faltan a esta artista que se enfrontará ó seu rival que representa a Ourense Norte e do cal destaca o seu timbre de voz. Así as cousas Esmeralda séntese segura e contenta e contará co apoio dos seus achegados entre o público e a través da televisión. "A miña xente conmigo a todas partes e os que non poden vir, apóianme  ben sexa en Galicia, Mallorca,Argentina, Pais Vasco, Madrid ou Alemania. En cada rincón teño familia e amigos que cada venres me siguen pola TVG", destaca a cantante. 

Polo momento as súas actuacións no programa galego sempre reciben puntuacións altas do xurado o que lle dá forza para seguir traballando e loitando polo seu soño de gravar un disco. 

Á xente da Limia envíalle unha mensaxe, "que me escoiten e se lles gusto... que me apoien coas chamadas. Seguro que de algunha maneira, se lles gusta a música, chegareilles ou polo menos eso intento. Bueno... e porque quero gañar Recantos", apunta unha Esmeralda chea de ilusión. 

esmeralda3

O certo é que a súa carreira musical non marcha nada mal, na Semana Santa de Xinzo poidemos escoitala cantando unha "saeta" e próximamente actuará nas festas de Lamas. 

Agora quédalle superar esta fase do venres para estar máis preto de gañar o concurso do Luar. "A forza e todo o apoio que me están dando unhas estrelas que xa non están, que viron como empezaba o camiño, e agora acompáñanme brillando conmigo, ademais do meu fillo, do que me acordo cada vez que subo ao escenario", matiza Esmeralda. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/sociedade/esmeralda-actua-venres-no-luar-na-busca-dun-pase-final-do-concurso-canto/20160407194405006718.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia