Imprimir

As Festas de Santa Mariña arrancan cunha noite de baile e cinema

Patricia F.S | 15 de julio de 2016

    As festas de Xinzo viven ós seus días fortes e o venres chega coa proposta dun espectáculo de baile.

baile

A partir das 20.30 horas o alumando da Academia Danzón de Xinzo deleitará ó público cos seus bailes na praza Carlos Casares. As persoas que ata alí se acheguen poderán aprender de balde pasos de baile latino.

A partir das 22h é a quenda do audiovisual coa proxección de "Vida" de Rubén Riós, un proxecto que inclúe unha curtametraxe e un documental protagonizados por persoas con discapacidade.

vida

Na pantalla instalada a carón da Casa de Cultura, podemos ver as caras de Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro, protagonistas que nunca antes se puxeran diante a cámara. Os secundarios son actores recoñecidos como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, María Mera e Estíbaliz Veiga. 

A xornada de troula remata coa Dj´s & Rap PARTY que dará comezo ás 00h na Praza de Oriente. 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/axenda-cultural/festas-santa-marinha-arrancan-cunha-noite-baile-cinema/20160715105335007293.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia