Imprimir

Unha granxa de porcos de Baltar busca belotas para alimentar ós seus animais

Dende a Limia | 13 de octubre de 2016

Cubase quere recuperar a alimentación tradicional para aumentar a calidade da carne

    A granxa de porcos Cubase situada en Baltar enmárcase nun novo proxecto que busca aumentar a calidade da carne. Con tal fin escolleron un lote de 70 animais a medio cebar que van alimentar con belotas de carballo galego durante uns meses. 

O feito de alimentar ós porcos con belotas inflúe na calidade da carne pero tamén na saúde das persoas que a consumen. Este tipo de alimentación produce unha maior presenza de ácido oleico nos xamóns derivados destes animais. Estas graxas teñen efectos positivos para o corpo humano axudando a reducir a taxa do colesterol malo e potenciando a creación do colesterol beneficioso. 

Para por en marcha este novo proxecto precisan de moitas belotas e por iso fan un chamamento para aquelas persoas que teñan carballos. Toda aquela xente que desexe colaborar pode porse en contacto con eles e achegarlle estes froitos ata a Baltar polo que recibirán unha cantidade de diñeiro a cambio. Levan unha semana coa oferta e xa recibiron ducias de chamadas. 

Unha das cousas que queren comprobar en Cubase é como sae o embutido e o xamón dos animais que consumen belotas. Fan unha aposta pola alimentación de tipo tradicional para potenciar o sabor e calidade da carne que producen tanto cos animais que crían na granxa como a través dos productos que venden nas tendas Serra do Larouco. 

pelotas

O benestar dos animais é unha das máximas por iso en Cubase apostan por pelotas e troncos de madeira cos que os porcos xogan. Incluír estes elementos no seu espazo axuda a que estean menos estresados o que afecta de maneira positiva á calidade da carne. 

Este negocio familiar comezou no ano 83 e á fronte del están catro irmáns naturais de Baltar. Alejandro que se encarga do comercio de embutidos, César que está a fronte das granxas, Enrique encargado da produción e Marta que é a xerente das tendas de venda ó público que ten a Serra do Larouco en Cualedro, Xinzo e Baltar. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/baltar/granxa-porcos-baltar-busca-belotas-alimentar-seus-animais/20161013165834007925.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia