Imprimir

O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia aumenta o seu territorio de actuación

Patricia F.S | 01 de junio de 2016

Presenta a súa candidatura para xestionar as comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova.

    Segundo manifestan nun escrito, o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia é froito da “fusión” dos anteriores GDR Avinza, A Limia e O Vieiro Leboreiro polo que integra a entidades públicas e privadas das comarcas de Allariz- Maceda, A Limia-Alta Limia e Terras de Celanova- Baixa Limia.

mapa gdrNestes momentos estase no proceso de elaboración da estratexia de desenvolvemento rural para fixar as prioridades de investimento dos fondos FEADER, a través do LEADER 2014/2020 que estarán entre os 3 e os 5 millóns de euros. 

O ámbito territorial de actuación correspóndese cos concellos de  Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas,

A Bola, Os Blancos,Calvos de Randín, Celanova,Entrimo, Lobeira, Lobios,Maceda, Muíños, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras,Verea, Vilar de Barrio,Vilar de Santos, Xinzo da Limia e Xunqueira de Ambía.

Así pois e a través do seu presidente, Gumersindo Lamas, o GDR Limia-Arnoia sinala que queremos facer un chamamento á participación de todos os actores sociais (cooperativas, sindicatos, asociacións de toda índole, concellos e comunidades de montes veciñais) a que participen activamente no deseño da citada estratexia, achegando propostas de actuación co obxectivo de converter este novo LEADER 2014/2020 nunha oportunidade para a mellora da capacidade económica destas comarcas, así como para o complemento de servizos no medio rural."

As persoas ou colectivos interesados en facer as súas achegas teñen unha oportunidade nas distintas xuntanzas que se van celebrar por todo o territorio na primeira quincena do mes de xuño.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/novas/grupo-desenvolvemento-rural-limia-arnoia-busca-aumentar-seu-territorio-actuacion/20160601171626006985.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia