Imprimir

Un home ferido tras cortarse cunha motoserra en Bande

Patricia F.S | 07 de abril de 2016

    Os feitos aconteceron na vila de Bande cando un veciño estaba cortando leña coa motoserra nunha finca da súa propiedade. Nun momento de despiste cortouse nun brazo e como consecuencia da ferida tivo que ser trasladado ó centro de saúde de Bande. 

Ata o lugar dos feitso desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Pola súa banda o 112 Galicia informou ós membros do GES de Muíños e ós axentes da Garda Civil. 

As forzas da orde chaman ó civismo a toda poboación nesta tempada de cortar leña pois os accidentes coa motoserra son moi comúns nestes días e por iso recomendan extremar as precaucións. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/bande/home-ferido-cortarse-cunha-motoserra-bande/20160407193543006716.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia