Imprimir

Limiáns entre o persoal de Seaga que acampa perante a Xunta reclamando melloras nas condicións laborais

Patricia F.S | 22 de septiembre de 2016

brigadas
brigadas

Protestan ademáis pola "nefasta politica" en materia de prevención e extinción de lumes da Xunta

    A piques de cumprirse unha semana da súa protesta, o persoal de SEAGA non baixa os brazos e permanecerán coa súa loita ata o venres. Tras unha manifestación que percorreu as rúas de Compostela o luns o seguinte paso foi inciar unha acampada diante da Xunta de Galicia. 

Traballadoras e traballadores reclaman a mellora das súas condicións laborais. Actualmente o persoal da empresa pública Seaga ten a condicion de fixo discontinuo e tras traballar tres meses non poden acceder ó subsidio por desemprego, subsidios familiares "e nin sequera ás axudas de 400 euros", destacan algúns dos afectados. 

Sinalan que están soportando unhas condicións de traballo precarias polo que os profesionais abandonan os postos ou rexéitanos deixando paso a "xente nova sen experiencia polo que os brigadistas tememos que algún día pase unha desgraza por este motivo".

brigadas1

Con esta protesta tamén queren denunciar a política forestal levada a cabo pola administración galega. Califican o operativo da Xunta como un "caos" e demandan un cambio que pase por unificar o servizo nun único dispositivo público “no que se garantan condicións laborais dignas para todos os traballadores e traballadoras”, declararon un grupo de afectados a diversos medios de comunicación. 

Así mesmo resaltan que cómpre cambiar prácticas de base como realizar os traballos de desbroce na primavera, "no verán fannos desbrozar e ir ós lumes ó mesmo tempo". 

Semana de protesta na que participan veciños da comarca que nos transmiten que moitos cidadáns se achegaron para interesarse polas súas reinvidacións. Así mesmo tamén nos comunican que na xornada do venres farán unha ofrenda ó Santiago Apóstolo polo duro verán que viviron tras os lumes que arrasaron parte de Galicia. 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/novas/limians-persoal-seaga-acampa-perante-xunta-reclamando-melloras-nas-condicions-laborais/20160922164429007774.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia