Imprimir

Mais de cincocentos rapaces abrazarán o nnoso rio Limia

Dende a Limia | 15 de abril de 2015

abrazo rio limia
abrazo rio limia

200 rapaces de PontedeLima  (Portugal)  máis os dos CEIPS de Xinzo farán un simbolizo abrazo o noso río Limia-Lima

Dous días duraran os actos, que son a volta dos que se fixeron fai uns meses na localidade de Ponte de Lima.

Neste caso  os anfitrions serán os alumnos do CEIP Rosalía de Castro e de Carlos Casares.

Os actos comenzarán hoxe xoves as 10 da mañá e rematarán  o venres as 5 da tarde.

O abrazo efectivo terá lugar  o xoves as 12 horas entre a ponte sobre o rio e a pasarela. 

A cronoloxía dos moitos actos será a seguinte:

XOVES 16

10:00 Praza Carlos Casares Recepcion de alumnos, almorzo e comezo das actividades.
11:00 Casa da Cultura
Presentacion do Abrazo ao Limia 2015 coa actuación das bandas B e C de Xinzo de Limia.
11:45 Percorrido a pé dos douscentos rapaces participantes por Curros Enriquez, Praza Maior, San Roque e Toural ata a pasarela do rio Limia.
12:00 Abrazo simbólico ao rio entre a pasarela e a ponte da rúa Dous de Maio.
Prantación dunha árbore no parque do Toural e enterramento o seu pé dunha caixa de memoria conmemorativa do evento.
13:00 Comida nos Ceips
15:00 Saída cara o nacemento do rio Limia
15:30 Pequena andaina  e visita ao nacemento do  Limia.
17:30 Saída cara a aldea de Couso Galan
18:00 Visita a aldea de Couso Galán e merenda
19:00 Saída cara Muiños, albergue do Corgo
20:00 Tempo de lecer e visita ao entorno do albergue
21:00 Cea
22:00 Hora de durmir e fin de actividades

VENRES 17

9:00 Hora do Almorzo
Actividades durante toda a mañá no entorno do encoro das Conchas: visitas guiadas ao centro de interpretación Aquis querquennis de Bande,  domus, campamento e pozas de baño.
14:00 Comida no complexo do Corgo en Muiños.
16:00 Visita ao dolmen de Maus de Salas
17:00 Merenda e despedida do Abrazo ao Limia 2015

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xinzo-de-limia/mais-cincocentos-rapaces-abrazaran-nnoso-rio-limia/20150415205648004162.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia