Imprimir

Manuel Baltar: “o baleiro no comisionado para o reto demográfico exemplifica o nulo interese deste desgoberno polos concellos do rural”

Dende a Limia | 06 de noviembre de 2019

A cabeza de lista ao Congreso, a limiá Ana Vázquez, afirmou que só hai un xeito de devolverlle o emprego ao milleiro de ourensáns que perderon o seu posto de traballo en outubro: “enviar a Sánchez ao paro o próximo domingo

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, afirmou hoxe que “o baleiro no comisionado para o reto demográfico exemplifica o nulo interese deste desgoberno polos concellos do rural”, asegurando que a única desmobilización que deberían temer os socialistas é a dos habitantes do rural, “cansos de ver como as súas políticas ignoran sistemáticamente ás máis elementais demandas da veciñanza para ter a mesma calidade de vida que os habitantes das cidades”.

mitin.PPOU.en.xinzo.20

 

En Xinzo de Limia, onde os populares ourensáns celebraron un mitin comarcal no que tamén participou Román Rodríguez, membro da xunta directiva do PPdeG, Manuel Baltar criticou que a cuestión do despoboamento forme parte agora do discurso electoral de moitas formacións anunciando grandes medidas, “cando xa o goberno de Rajoy puxo en marcha un Comisionado para o Reto Demográfico, colocando á súa fronte a unha ourensá”.

mitin.PPOU.en.xinzo.16

Mentres os populares demostraban a prioridade que tiña este asunto, engadiu o presidente provincial, “Sánchez mantivo baleira esta dirección desde marzo, mesmo dicindo que non pagaba a pena nomear a ninguén pola situación política, logo de poñer á fronte do comisionado a unha persoa que non tardou en mandar ao Congreso nas xerais de abril”. Que credibilidade poden ter os socialistas –preguntouse Baltar- se mesmo deixaron sen  titular ao Ministerio de Política Territorial cando a ministra marchou á presidencia do Congreso.

Esta é a desmobilización que procuran os socialistas no seu único beneficio, advertiu Manuel Baltar, polo que pediu “encher as urnas cos votos dun partido, o PP, que está a demostrar con feitos e non con palabras que o rural ouresán e galego son a nosa prioridade”.

ANA VÁZQUEZ: “HAI QUE ENVIAR A SÁNCHEZ AO PARO”

mitin.PPOU.en.xinzo.04Tamén no mitin de Xinzo de Limia, a cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez,  acusou a Sánchez de “manter a este país e aos seus cidadáns nunha permanente campaña electoral ata que consiga o poder en solitario, o que non vai a lograr nunca”. Vázquez puxo o énfase nos últimos datos do paro, “que xa nos advirten das consecuencias que está a ter a deriva política deste goberno en funcións”. Prometeron baixar dos tres millóns de desempregados, dixo a candidata, “e resulta que xa estamos preto dos 3,2 millóns de parados e co peor mes de outubro desde 2012”.

Ourense, subliñou, “non é allea á inestabilidade nin á parálise na que están instalados os socialistas, pero temos a oportunidade de escoller un partido de goberno e de xestión contrastada, o Partido Popular”. Só hai un xeito de devolverlle o emprego ao milleiro de ourensáns que perderon o seu posto de traballo en outubro, afirmou: “enviar a Sánchez ao paro o próximo domingo”.

Vázquez criticou tamén que sexan precisamente os socialistas “os que falen de fatiga democrática, eles que nos están a levar continuamente ás urnas por puro partidismo, pero os ourensáns imos demostrarlles, o domingo e sempre, que non imos cansar na procura dun goberno estable e sólido”.

 

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xeral/manuel-baltar-baleiro-comisionado-reto-demografico-exemplifica-nulo-interese-deste-desgoberno-polos-concellos-do-rural/20191106231854018295.html


© 2019 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia