Imprimir

Medio Ambiente invertira 100.000 € de Rairiz Veiga

Dende a Limia | 26 de mayo de 2020

Concello_de_Rairiz_de_Veiga
Concello_de_Rairiz_de_Veiga

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda trasladou esta mañá á alcaldesa, que o departamento que dirixe iniciará os trámites para a licitación desta actuación á que se destinan 100.000 euros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Rairiz de Veiga na mellora e humanización de varias prazas deste municipio. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, á alcaldesa, Asunción Morgade, coa que mantivo unha reunión por videoconferencia e na que lle trasladou que o convenio de colaboración, polo que se executará esta actuación, está formalmente asinado; polo que o departamento que dirixe poderá iniciar os trámites para a licitación das obras.

Ángeles Vázquez salientou que a sinatura deste convenio- ao que se destinan máis de 100.000 euros, dos cales a Xunta aporta un 70%- forma parte do Plan hUrbe, posto en marcha polo Goberno galego para mellorar as condicións e as contornas urbanas; ao tempo que se colabora cos concellos a facer fronte a proxectos que -en ocasións- teñen un custe orzamentario elevado para as arcas municipais.

Tanto a conselleira, como a alcaldesa, destacaron que esta actuacións contribuirá a mellorar as relacións entre a veciñanza, ao reformar e humanizar espazos de lecer, e terá un impacto moi positivo sobre a seguridade viaria desta zona.

20200526_113142_resizedCómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente promove e colabora a través de diversas liñas de axudas dirixidas aos concellos no desenvolvemento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento do rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida da poboación das vilas e cidades galegas.

Ángeles Vázquez subliñou que esta actuación do Plan hUrbe é de gran importancia para os concellos pois permite a materialización de determinados proxectos urbanísticos para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e dinamizar determinadas zonas. Neste sentido, os equipamentos urbanos desempeñan un papel fundamental como factor dinamizador para o desenvolvemento social e cultural da sociedade e son, ademais, elementos estruturais da contorna.

Asemade, este tipo de intervencións dan cumprimento ao reto do Goberno galego de acadar un urbanismo responsable e apostar pola recuperación das vilas e cidades galegas, como parte da identidade de Galicia, e son unha mostra da importancia de establecer lazos de colaboración cos municipios en proxectos que, coma este, buscan mellorar e potenciar espazos públicos xa existentes para facilitar a accesibilidade aos mesmos e poñer en valor certas zonas.

Ademais, a través da colaboración cos concellos para intervir sobre os equipamentos urbanos, tamén se axuda a frear o despoboamento do rural, xa que se potencian as infraestruturas, os servizos e as dotacións municipais e, en definitiva, se melloran o benestar e a calidade de vida da poboación das vilas e cidades galegas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/rairiz-de-veiga/medio-ambiente-invertira-100000-prazas-rairiz-veiga/20200526120331021455.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia