Imprimir

Melloras nos accesos ao complexo de Aquis Querquennis

Dende a Limia | 14 de julio de 2020

Aquis Querquennis
Aquis Querquennis

A intervención consiste no reforzo do firme mediante a execución de regas asfálticas

A Xunta vén de iniciar os traballos de acondicionamento do firme nun treito antigo da estrada OU-540, en Bande, para mellorar o acceso ao complexo arqueolóxico romano de Aquis Querquennis.

Traballos rega asfalticaEstas actuacións están a executarse nun treito antigo da estrada na marxe esquerda, desde o punto quilométrico 48+225.
Actuarase ao longo dun treito que suma 400 metros, cun ancho medio de plataforma duns 6 metros.
A intervención consiste nun reforzo do firme mediante regas asfálticas. Para isto, acometerase un dobre tratamento superficial na sección completa do treito antigo.
Os traballos, cun investimento estimado próximo aos 8.000 euros, complementaranse posteriormente cun acondicionamento e limpeza coa fin de que a zona sexa de aparcamento no acceso ao complexo arqueolóxico.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/bande/melloras-nos-accesos-ao-complexo-aquis-querquennis/20200714223214022105.html


© 2020 Dende a Limia

Dende a Limia
© 2014 Dende a Limia